Saturday 27 de April de 2024

Os Concellos de Touro, Boqueixón e Vedra organizan a Andaina no Camiño da Igualdade, que mañá domingo, 12 de marzo, percorrerá camiños dos tres concellos pola beira do Ulla


Os Concellos de Touro, Boqueixón e Vedra organizan a Andaina no camiño da igualdade, prevista para mañá domingo, día 12 de marzo e que pecha as actividades desenvolvidas con motivo do 8M Día da Mujller. O roteiro percorrerá camiños dos tres concellos pola contorna do Río Ulla. Sairá ás 9.30 horas do Campo da Festa de Bendaña e rematará na Ponte de Gundián (Vedra). Nesta actividade gratuita os tres concellos, continuando co compromiso de difundir os valores de igualdade e camiñar hacia unha sociedade máis xusta, queren visibilizar as mulleres importantes do noso tempo que desenvolven a súa labor en diferentes eidos e ámbitos. Ao remate haberá un espazo onde poder compartir sensacións e reflexións á vez que se entregará un picnic aos participantes. Para apuntarse: 679.306.188.